Edicións pasadas Girls in ICT Day

Para consultar a información máis actualizada do evento deste ano, pulsa aquí.

Nesta páxina recollemos toda a información das anteriores edicións do Día das Rapazas nas TIC / Girls in ICT Day.

ANO 2017

Carmen Cotelo Queijo. Licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa dende 1999 no Centro de Supercomputación de Galicia, onde é analista informática senior e coordina a participación do CESGA no proxecto europeo Fortissimo 2. Ten unha longa experiencia en proxectos de I+D en diferentes ámbitos como: comercio electrónico, computación de altas prestacións e grid, aplicacións científicas e soporte a empresas para a incorporación de HPC aos seus procesos.
Nieves R. Brisaboa. Doutora en Computación e Psicoloxía. Catedrática da área de Linguaxes e Sistemas Informáticos, creou en 1996 o Laboratorio de Bases de Datos (LBD,) declarado grupo de investigación de excelencia pola Xunta de Galicia. Foi xestora do Plan Nacional de investigación en Informática entre 2010 e 2014. Recibiu no 2016, do Colexio de Enxeñaría de Informática, o premio Ada Byron, pola promoción da Informática entre as mulleres. Impulsa tanto a investigación de excelencia como a transferencia  de tecnoloxía.
Alba Alonso, doutora en filoloxía inglesa e mestra, emprendedora e fundadora da empresa  RealKiddys.com, unha plataforma que promove un proxecto educativo de igualdade de xénero e coeducación sen estereotipos, elaborando material e actividades para traballar neste eido. Entre outras iniciativas, relatora no TEDxGalicia 2015.
María Jesús Taboada, doutora en Ciencias Físicas pola USC. Investigadora en intelixencia artificial e as súas aplicacións na medicina dende o departamento de Electrónica e Computación da USC. Dirixe o grupo de investigación KEAM (Knowledge Engineering Applied to Medicine), referente a nivel internacional no seu eido.

Vídeo da sesión en http://videocenter.cesga.es/videos/video/3674/

ANO 2016

As participantes no coloquio por videoconferencia foron:

  • Natalia Costas Lago, enxeñeira en telecomunicaciones e máster en seguridade da información, xestiona a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) e os servizos de rede do Centro de Supercomputación de Galicia (http://www.cesga.es), ademáis de participar en proxectos innovadores baseados nas TIC
  • Susana Gómez Carnero, Doutora en Enxeñaría Informática, CEO en Origami Soluciones, (http://www.origamisoluciones.com) empresa de consultoría e desenvolvemento de solucións TIC, Directora Executiva BNI Galicia.
  • Rebeca García Fandiño, doutora en Química, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela e CSO en MD.USE Innovative Solutions (http://www.mduse.com), empresa adicada ó desenvolvemento de software científico e aplicacións educativas para Química a través da Realidade Virtual.
  • Lorena Otero Cerdeira é doutora en informática pola Universidad de Vigo. docente e Investigadora do LIA2 (Laboratorio de Informática Aplicada) da Universidade de Vigo (http://www.uvigo.es). Membro da Xunta de Goberno del Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, na que tamén preside a sua comisión de Igualdade.
  • Esther Robles Vázquez é Enxeñeira en Informática pola Universidade de Valladolid e Máster en Tecnoloxía ATM e Reserva Avanzada de Recursos pola Universidade Técnica de Dresden (Alemania). Responsable da xestión e operación da infraestructura de comunicacións da Rede Nacional Académica e de Investigación Española, RedIRIS (http://www.rediris.es)

Aquí podes ver o vídeo da sesión: http://videocenter.cesga.es/videos/video/3345/in/channel/4/

Pola tarde celebramos para nen@s de 10 a 14 anos unha xornada de portas abertas con un obradoiro de programación con Scratch (organizado pola empresa Tech Academy), visitas guiadas ao Superordenador Finisterrae 2, e demostracións de impresión 3D, robótica, realidade virtual…

No noso facebook temos máis fotos do evento.

Ano 2o15

Este ano contamos coas seguintes participantes na charla por videoconferencia cos centros:

  • Verónica Ramallal, socia fundadora Pekecha.com, (empresa de social media management).
  • Mª Rosa Vázquez Rogel. Enxeñeira informática, co-fundadora e CFO Appentra (Empresa de software de computación de altas prestacións e spinoff da UDC).
  • Mariel Martínez Estévez, ‎CFO e cofundadora de Ameiga. (Empresa desenvolvedora de xogos para móbiles).

Aquí podes ver o vídeo coas súas intervencións: http://videocenter.cesga.es/videos/video/3031/in/channel/4/

ANO 2014

Este ano contamos coas seguintes participantes na charla por videoconferencia cos centros:

  • Alba Souto e Yola, deseñadoras gráficas e co-fundadoras de BAMPIFU (http://bampifu.com/) y Pica y Wafu (http://pikaywafu.com/)
  • Ángeles Pariente, periodista e fundadora de A2, Laboratorio de Ideas http://www.a2laboratoriodeideas.com
  • Cristina Gamallo, Socia Fundadora SITUM (www.situm.es) empresa tecnolóxica que desarrolla aplicacións para a xeolocalización en interiores.
  • Susana Ladra, Vicedecana de Organización Académica na Facultade de Informática de la UDC e investigadora. Premio Ada Byron del CPEIG no 2013.

Aquí podes ver a sesión completa por videoconferencia:
http://videocenter.cesga.es/videos/video/2391/in/channel/4/

ANO 2013

O primeiro ano que celebramos o #GirlsinICT Day tivemos o pracer de contar con:

Aquí podes ver a sesión completa por videoconferencia:
http://videocenter.cesga.es/videos/video/1609/in/channel/4/