Día das Rapazas nas TIC

O día 22 de abril de 2021 celebrouse o último Día Internacional das rapazas nas TIC.

Este ano fixémolo exclusivamente mediante  multiconferencia web, debido á situación derivada da pandemia por COVID-19. Tivemos a oportunidade de coñecer a varias galegas que nos contaron polo miúdo o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de todos.

Non sabedes o que é o día das Rapazas nas TIC? É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.  Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional.

Participantes

Este ano tivemos a honra de contar coas seguintes referentes TIC galegas:

Beatriz Paz Santalla. Enxeñeira de telecomunicacións pola Universidade de Vigo, Máster en seguridade da información e Administración de Empresas. Co-fundadora da empresa GDI, empresa galega pioneira en ofrecer solucións de videoconferencia, telepresencia e movilidade. Beatriz Paz
Ana Freire é enxeñeira e doutora en informática pola UDC. Actualmente é investigadora e docente na Universitat Pompeu Fabra (Barcelona), onde traballa aplicando a Intelixencia Artificial a diversas necesidades sociais como a saúde mental.
É directora do Centro de Estudos de Sostibilidade UPF e e lidera Wisibilízalas, un concurso internacional para romper estereotipos de xénero asociados a estudos científico-tecnolóxicos. Recibiu numerosos recoñecementos polo impacto social da súa investigación, entre os que destaca o Premio ao Talento Xove Feminino Investigador, outorgado pola Fundación Real Academia das Ciencias e o premio Ada Byron, outorgado pola Universidad de Deusto.
Úrsula Martínez Álvarez. Graduada en Enxeñaría Aeroespacial, finalizando o máster en Enxeñaría Areonáutica, especializada en vehículos espaciais. O seu traballo céntrase en proxectos sobre deseño, fabricación e ensayo de sistemas y experimentos no espazo. Dende fai 11 anos forma parte do proxecto de educación ambiental Climántica.
Verónica Verónica Bolón Canedo. Doutora en Informática da UDC. Investigadora centrada en Intelixencia Artificial, especialmente en Aprendizaxe Automática para Big Data. Responsable do nodo INSPIRA STEAM en A Coruña.

Podes seguir e difundir toda a información do evento e as nosas actividades nesta web ou en:

Organizan

Centro de Supercomputación de Galicia (dependente de GAIN e CSIC) e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia

Colaboran

  •  Consellería de Educación, Universidade e FP, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Xunta de Galicia)

  • Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG)

  • Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, sección Galicia (AMIT-Gal)

  • Asociación .GAL

  • Facultade de Ciencias da Educación, Woman Emprende e Oficina de Igualdade da USC

  • Facultade de Informática da UDC

  • Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo

  • GalsTech, Hello Sisters!