Bases concurso RapazasNasTIC

BASES DO I CONCURSO DE MEMES “RAPAZAS E TECNOLOXÍA” (INSTAGRAM / WEB)

Este concurso é una actividade dentro do evento “Día das Rapazas nas TIC 2018” co obxectivo de facer unha actividade cunha linguaxe xove e divertida, para provocar a reflexión sobre o papel activo das rapazas e as mulleres no mundo tecnolóxico.

Condicións de participación:
– Poderán participar no concurso rapaces e rapazas nados ou residentes en Galicia dende os 10 ata os 18 anos.
– Poderán usar calquera tipo de imaxe, debuxo ou fotografía, excepto as que teñan unha natureza abertamente racista, violenta, sexual ou vexatoria.
– Haberá dous modos de participación: A través dunha publicación na súa conta de Instagram, acompañada do Hastag #RapazasNasTIC ou ben subir o meme á páxina http://www.ictgogirls.eu/gl/dia-de-las-chicas-en-las-tic/concurso/ indicando o seu nome e dirección de correo de contacto. Os memes enviados á páxina do concurso aparecerán publicados na conta de Instagram https://www.instagram.com/elearningcesga.gal/
– Na páxina web do concurso aparecerá unha galería interactiva con todas as imaxes que participan no concurso.
– Cada participante poderá participar cun máximo de 3 memes. En caso de enviar máis, so se considerarán válidos os tres primeiros.
– A organización do concurso resérvase o dereito de retirar as imaxes que se consideren inapropiadas.
– As bases do concurso están publicadas en http://www.ictgogirls.eu/gl/dia-de-las-chicas-en-las-tic/concurso/
– Este concurso non está patrocinado, asociado ou administrada por Instagram.
– O meme deberá ser feito pol@ participante e non terse empregado antes. Non se aceptarán traducións ou plaxios doutros memes, ou fotos protexidas por dereitos de autor
– A organización resérvase o dereito de modificar parcialmente a normativa do concurso se é necesario e xustificado, e previo aviso aos participantes.

Prazos:
O concurso comezará o día 26 de abril e o prazo para presentar os memes remata o 17 de maio ás 24:00.

Xurado do concurso:
O xurado estará composto por 5 persoas, organizadoras do evento Día das Rapazas nas TIC, pertencentes ou nomeadas polo CESGA e CPEIG,.

Anuncio de resultados:O resultado será anunciado o día 18 de maio, a través da propia páxina do concurso, e mediante a conta de Instagram https://www.instagram.com/elearningcesga.gal/

Premios: 
Haberá os seguintes premios:
– 1º Premio: Kit robótica
– Accésit 1: Taza conmemorativa “Rapazas nas TIC 2018”
– Accésit 2: Taza conmemorativa “Rapazas nas TIC 2018”
– Accésit 3: Taza conmemorativa “Rapazas nas TIC 2018”

Dúbidas ou máis información, poden poñerse en contacto con: e-learning@cesga.es