Proxecto

O Centro de Supercomputación de Galicia e a empresa galega Balidea Consulting and Programming están a colaborar no deseño, desenvolvemento e implementación dunha “Rede de Escolas na Nube” baseada nas tecnoloxías e formas de traballo na nube (computación cloud). Este proxecto de innovación educativa conta co apoio e participación da Xunta de Galicia.

Este proyecto de innovación educativa cuenta con el apoyo de la Xunta de Galicia. El proyecto continúa el camino empezado por el proyecto de investigación “Rural Schools & Cloud Computing“, y empieza en el curso 2012 con la participación de 22 escuelas rurales, agrupadas en 4 C.R.A. (Colegio Rural Agrupado) de GaliciaO proxecto continúa o camiño comezado polo proxecto de investigación “Rural Schools & Cloud Computing“, e comeza no curso 2012 coa participación de 23 escolas rurais, agrupadas en 4 C.R.A. de Galicia.

O obxectivo xeral do proxecto é o deseño e validación dun produto tecnolóxico de alta calidade e baixo custo que permita a utilización das TIC de forma efectiva para a mellora da aprendizaxe e a colaboración nos pequenos colexios rurais, baseada en soluciones de cloud computing, virtualización e software libre.

O proxecto pretende a posta no mercado dunha solución que conte cunha aplicación lixeira mediante navegador web para os usuarios finais (alumnos de diferentes idades, mestres, familias) utilizando unha arquitectura áxil para respostar a conexións de baixa calidade, múltiples accesos concorrentes e diversidade de dispositivos de acceso, onde implementar as aplicacións e servizos específicos da escola para que se executen en infraestructuras remotas e se envíen a todos os usuarios a través de servidores tamén remotos en Internet. Diferentes escolas poderán ter as súas áreas de colaboración e áreas propias de servizos virtuais.

¿Que queremos conseguir con Rede de Escolas na Nube?
1) Integrar zonas ailladas xeográficamente e fomentar a participación das familias na educación dos seus fillos.
2) Ofrecer visibilidade aos país das actividades dos fillos e fomentar a cultura da colaboración e participación:
3) Crear unha contorna social virtual para a rede de colexios onde se poida compartir, aprender e pedir axuda sobre o proxecto, a súa implementación e evolución. Esta contorna debería compartir a filosofía de aprendizaxe e colaboración social da “nube” e permitir o acceso e intercambio entre os distintos centros desde as súas “nubes” individuais
4) Deseñar e implementar un sistema de avaliación continua, de revisión da efectividade da solución e de satisfacción da comunidade educativa, para garantir que a solución contribúa de maneira efectiva e mesurable na educación dos alumnos e na colaboración e comunicación entre docentes e o resto da comunidade educativa.
5) Avaliar a extensión do modelo a outros niveis educativos como ciclos formativos, centros universitarios, etc…
6) Realizar labores de difusión e colaboración con outras comunidades educativas a nivel mundial para a transferencia de coñecemento e desenvolvemento de melloras da solución.