E-portfolio en Chamilo grazas ao proxecto EKT

O proxecto europeo EKT no que traballamos en colaboración con outras 10 institucións e baixo a coordinación do Grupo de Tecnoloxía Educativa da USC, está a desenvolver unha metodoloxía e plataforma para mellorar os procesos de comunicación, traballo colaborativo e reflexión sobre a aprendizaxe dirixida sobre todo ao proceso das prácticas dos futuros mestres e mestras cando se atopan nos centros escolares. O CESGA lidera a coordinación e desenvolvemento tecnolóxico da plataforma EKT, en colaboración con 3 socios do proxecto.

eportfolio Chamilo

Unha das ferramentas desenvolvidas como froito deste traballo é o e-portfolio, que, ademáis de servir nesta plataforma experimental de EKT, ven ser integrado recentemente na derradeira versión da plataforma de e-learning europea Chamilo é unha das 3  de e-learning de código aberto máis importantes a nivel mundial, e tamén a base da nosa Aula Cesga.

Esta ferramenta de e-portfolio, na plataforma de EKT permite, de forma moi sinxela e flexible, que o alumnado recolla as súas reflexións e aprendizaxes de forma ordeada, e de acordo á metodoloxía que se estableza por parte dos seus titores da universidade de orixe. Así mesmo permite controlar a privacidade e a colaboración entre todos os axentes participantes no proceso (outros alumnos/as, titores da universidade e titores na escola de prácticas).

O proxecto EKT rematará a final de abril de 2023, e celebraremos unha Conferencia Final na Universidade de Santiago de Compostela onde se presentarán todos os resultados do mesmo.