E-learning Projects
Evento multiplicador do proxecto Oceans

Evento multiplicador do proxecto Oceans

Onte o día 24 celebramos un evento formativo na facultade de Ciencias da Educación da USC para difundir e debatir os desenvolvementos xurdidos do proxecto europeo OCEANS.

No evento participaron mestras e mestres en formación, mestres en exercicio e profesorado especialista en tecnoloxía educativa. A xornada foi organizada xunto coa investigadora principal do grupo TecnoEdu da USC, a doctora Beatriz Cebreiro López e a investigadora da USC Milagros Trigo Miranda.

vr scene Oceans

Na xornada presentáronse os principais resultados do proxecto ata a data, o desenvolvemento dos pilotos nas escolas e as ferramentas de Realidade Virtual desenvolvidas no proxecto por parte do CESGA.