Blog
Derradeira reunión do proxecto Schools21C en Barcelos

Derradeira reunión do proxecto Schools21C en Barcelos

Hoxe e mañá celébrase unha reunión do consorcio do proxecto europeo Schools for 21st Century no Agrupamento Escolar de Barcelos, na que se traballarán os resultados finais do proxecto, e as actividades desenvolvidas polos centros nos catro países participantes: Italia, Lituania, Portugal e España. As actividades estaban orientadas á formación mediática do profesorado e alumnado, e supoñen a aprendizaxe e posterior creación de materiais educativos en diversos formatos e grados de interactividade con ferramentas abertas e web.

app

Así mesmo, faráse a última revisión á APP deseñada polo CESGA e a USC no marco do proxecto, para a avaliación das competencias TIC do profesorado, no marco europeo DigiCompEdu (European Framework for the Digital Competence of Educators).