Servizos PDF Imprimir

O Cesga ofrece aos seus usuarios diferentes servizos para levar acabo tanto proxectos de investigación e innovación así como accións formativas a través de e-learning.

Estes servizos pódense clasificar en:
* Análise dos requisitos iniciais da proposta.
* Deseño de solucións adaptadas a estes requisitos.
* Implementación de solucións tecnolóxicas.
* Realización de probas destinadas a testar as solucións propostas.
* Seguimento e asistencia técnica na fase de execución do proxecto/curso.

Normalmente o proceso funciona da seguinte forma: Ante a presentación dun proxecto de e-learning ou dunha acción formativa por parte dun usuario/a, expertos/as do CESGA analizan as necesidades de recursos humanos, didácticos e tecnolóxicos (hardware/software) impostas polo proxecto/curso e propón solucións adaptadas para a súa implementación. As solucións propostas son testadas e validadas. Durante a fase de execución, técnicos/as do CESGA seguen o desenvolvemento do proxecto/curso e prestan asistencia técnica sempre que sexa necesario.

Recursos dispoñibles